Prezo:
11,50 €
(IVE incluido)
| Roberto Somoza tríoReferencia: XC0204CD CD (xingra.com/jazz)
© & ® 2004
Roberto Somoza é, sen dubida, o saxofonista galego por excelencia.
Músico de sesión reclamado en todo tipo de gravacions, participou e participa en moitas das formacions en directo dos principais artistas galegos en activo.
Pero a sua vocación é o jazz e é claramente ahí, onde Roberto anticipa mais o seu futuro. Nos seus principios foi músico de orquesta , "Los Satélites", onde formouse como músico de sección da man do seu irman maior José Somoza, trompetista aínda en activo nesa formación. Paralelamente a esta actividada asiste a clase de improvisación e saxo con Pedro Iturralde en Madrid e leva ao cabo os seus primeiros contactos no jazz da man de Alberto Conde, Kin García, Fernando Llorca, Nani García, Baldo Martínez, Andres Rivas, Alfonso Morán e un sen fin de músicos da escea do jazz galego.
Este disco prevenos, sen lugar a dubidas, do que Roberto Somoza pode dar de si en próximas entregas. É un disco á caida, puro e destemido,cheo de jazz e beleza. Nesta Regra de tres está acompañado de Alfonso Morán ó contrabaixo e Andres Rivas á batería. O CD conten 10 temas orixinais escritos na sua maioría por o propio Roberto.
Temas:
Experimento 05:28
Seminola 05:35
Very Metal 06:08
Mar de fondo 06:29
Coktail, cottontail 04:35
Doble tempo 04:33
NPI 05:07
Regra de tres 07:43
Parada 12 06:03
Para un neno 03:10
Preme nos titulos para escoitar
Total: 54:31
Músicos:
Roberto Somoza, saxos
Alfonso Morán, contrabaixo
Andrés Rivas, batería |