Bandas  
  BSO  
  Cámara  
  Domundo  
  DVD  
  Jazz  
  Pop  

A súa cesta da compra
Productos: 0
Importe: 0,00 €

__Tenda O Mar Vertical 
 

Prezo: 9,99 €
(IVE incluido)
Agotado

Maite Dono

Referencia: XC0302CD

CD (xingra.com/domundo XC0302CD)
© & ® 2002;

O MAR, propiedade conmutativa do mar, mar multiplicado por mar, tanta furia, cántico desabafante, imaxe manida e infinitamente poética da muller de costas, enloitada, agardando ó tenente francés, loucura, ó Océano Atlántico coma unha pista de vidro pola que patinar e arramplar cos continentes, debuxar outros mapas coas coitelas dos pés, ser a equivalencia e o bruar dunha glaciación, desbaratar, desbaratarse, cair de fuciños, toca senlleira do fondo do mar. E eu canto para que todo mude e para que non; soa no mar vertical que me ven enriba. Hai un mar que me ven dado de Sorolla, de Gerard Richter, de Aleixandre, de Juan Ramón, da película do Piano, daquel fin de ano no Castro de Baroña, da pedra volcánica de Coral, do meu soño nórdico da mau de miña irmá, gracias, e outro que me nace dentro, que son eu mesma amando e odiando en igual medida. O Mar Vertical, un feixe de cancións soltas irmandadas polo eco e o seu refrexo no vidro, equilibristas na crista da onda, na ponta da onda última abocada ó faro. Cancións tradicionais para beixa-lo pasado con novas aguas, cancións do Mateo Feijoo coas súas imaxes poderosas, música de por sí, e cancións miñas, da Maite do mar, vida de lonxe, nese soño límpido que é soñar coa agua. Que sexa auténtico, que se desfrute. Maite Dono



Temas:
Com viola 03:22
O Mar Vertical 02:47
A illa encarnada 04:19
O lé lé lé 02:19
Lamento 02:44
Pasodoble de Sísamo 03:49
Cántiga 03:27
Xardim dágua 03:06
Rapaza vento 01:48
Xantar no fondo da agua 03:55
É a nostalgia 03:21
Canción de Bahia 05:24 (Bonus track)



Duracuón:
Total: 40:51



Musicos:
Piano: Manolo Gutiérrez
Batería: Teresa Sayas
Contrabaixo: Baldo Martínez.
Tabla y percusión: Niramkar Khalsa
Saxos: Roberto Somoza
Guitarra Elect.: Antonio Peña
Guitarra Act.: Marcos Teira
Teclados: Nani García
Violín: Laura Quintillán

<< Voltar >>